Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O Museo do Pobo Galego: un caso de xestión do patrimonio cultural en Galiza

  • Autores: Fátima Braña Rey
  • Directores de la Tesis: Marcial Gondar Portasany (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2006
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Xosé Manuel Beiras Torrado (presid.), Fernando Acuña Castroviejo (secret.), Joaquim Pais de Brito (voc.), Lourdes Méndez Pérez (voc.), Robin Boast (voc.)
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A tese é un estudo de caso no que procurar solucións a problemas comúns nos museos etnográficos galegos.

      Os eixes desta tese de doutoramento son o coñecemento dos elementos que están a confluír nunha fractura entre os museos e a sociedade que os crea. Nela analízáronse as versións indentitarias entendéndoas como proxectos. Proxectos que unen as vontades entorno ás visións do futuro a través da solución dos problemas que o presente está a formular na Galiza actual.

      Para conseguir estes obxectivos é preciso analizar un caso concreto, O Museo do Pobo Galego e identificar cales son os argumentos identitarios nos que se basean as activacións etnográficas na Galiza.

      Con estes obxectivos, resulta imprescindíbel analizar a organización que da base as estruturas e funcións museísticas.

      Os problemas detectados na práctica museística: implicación social dos museos, selección e, por tanto, definición do concepto de patrimonio e a relación museo - identidade - patrimonio, están intimamente ligados coa actual política cultural e coa imaxe social que atribúe aos bens patrimonializados. Marcando unha traxectoria dos elementos que interveñen na selección de pezas, entidades e políticas da xestión patrimonial podemos establecer tipoloxías das activacións patrimoniais, de axentes patrimonializadores e de institucións museais.

      As unidades de análise están relacionadas coas prácticas de xestión patrimonial realizadas nos museos, as características específicas destas institucións como organizacións e as versións identitarias manexadas entre a disciplina e a práctica museística. As unidades de análise serán pois, a practica organizacional, en concreto aquela que ten que ver coas funcións a desenvolver, as versións identitarias e a xestión patrimonial, actividades e usos nos que se traducen tanto a identidade como as características da organización.

      A base da investigación é procurar unha análise en profundidade do Museo


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno