Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Estudios de valoración energética de combustibles forestales para la prevención de incendios forestales en la sierra de la Primavera (Jalisco, México) mediante calorimetría de combustión y ensayos de inflamabilidad

  • Autores: Antonio Rodríguez Rivas
  • Directores de la Tesis: Jorge Proupín Castiñeiras (dir. tes.), María Villanueva López (dir. tes.), Jose Antonio Rodríguez Añón (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2009
  • Idioma: español
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Gabriel Gascó Guerrero (presid.), Josefa Salgado Carballo (secret.), Libertad Fraga Grueiro (voc.), Carmen Hernando (voc.), Ramón Artiaga (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Nos derradeiros anos, os incendios forestais están a causar problemas medioambientais, sociais, políticos e económicos en todos os países do mundo e a unha escala descoñecida ata o momento. Este problema global, e que estase a ligar con cambios climáticos, quecemento do planeta, desertizacións e problemas de plagas e movementos poblacionais de enorme magnitude, está a facer que a diferentes niveis estéanse a xerar moitas iniciativas no I+D+i encamiñadas a prever e combater os incendios de xeito eficaz.

      Dentro destas iniciativas o deseño dos índices de risco, ou índices numéricos integrados que determinan a probabilidade que unha formación forestal poida ser o punto de inicio e propagación dun incendio en función de diferentes parámetros físico-químicos e ambientais, é unha liña de investigación que estase a desenvolver e con moito camiño por percorrer.

      Nesta Tese utilízase un novo concepto no deseño de índices de risco, e que lonxe de seguir cos deseños experimentais mais estendidos, se basea en combinar índices de risco cun perfil teórico a partires de datos metereolóxicos, con datos reais de carga enerxética, inflamabilidade, e composición química das diferentes especies forestais, e con datos de ambiente físico e ambiental coa idea de ter unha idea mais global, real e aplicable dun xeito eficaz.

      Polo tanto, esta Tese de Doutoramento ten como obxectivo principal mellorar o índice de risco para prevención de incendios forestais deseñado polo Grupo de Investigación TERBIPROMAT (USC) nos derradeiros 15 anos para as formacións forestais de Galicia, e aplicalo para prever os incendios forestais nunha Área Natural Protexida e de interese social clave en Guadalajara (Jalisco, México), e de selo caso, extinguilos de xeito rápido e eficaz para evitar danos importantes. Esto motivou que parte de a Tese sexa un estudio comparativo de diferentes traballos de investigación e que o longo da Tese fáganse referencias continuas a investigación levada polo Grupo de Investigación TERBIPROMAT.

      Para elo se recorre a un estudio completo das diferentes especies forestais da zoa de estudio e unha descrición profunda da mesma. Esta determinacións se basean en medidas de: - Valoración enerxética coa idea de ter unha idea da carga enerxética real da zoa, e punto clave para determinar a magnitude que podería acadar o incendio.

      - Inflamabilidade como dato referente para coñecer a facilidade de propagación do incendio e valorar o tempo de reacción en caso de producirse.

      - Parámetros químicos de interese tales como densidade, humidade, cinzas en bomba, composición elemental, e composición química (aceites esenciais e resinas), e que afectan os parámetros físicos.

      - Parámetros ambientais e de ambiente físico que van definir a zoa de traballo tantop para prever como para combater o incendio.

      - Parámetros biolóxicos que afectan o comportamento das especies forestais e condicionan a súa resposta ante un incendio.

      - Parámetros de orixe antrópica xa que o 95 % dos incendios teñen a súa orixe en accidentes ou accións dependentes da mala xestión do home nestes ecosistemas.

      Todos estes datos analizados de xeito integrado dan orixe ós índices de risco e que serán a base de deseño dos mapas de índice de risco da zoa, ou representacións gráficas dos mesmos.

      Polo tanto e para unha boa aplicación destes índices de risco faise necesario plasmalos nunha cartografía axeitada, actualizada, real e de utilización sinxela. Para elo faise necesario o procesamento das imaxes do terreo de estudio mediante os satélites Quick Bird 2002 y Aster 2007.

      A conclusión final do traballo é a capacidade real que ten o índice de risco deseñado ó longo destes anos e utilizado para prever e combater eficazmente incendios forestais. Este índice de risco é aplicable en calquera zoa do mundo sempre e cando se siga o procedemento experimental deseñado e proposto nesta Tese. A representación posterior destes indicadores numéricos en mapas de índice de risco ten a finalidade de facilitar a súa comprensión e axudar a súa aplicación no terreo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno