Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Análise da propiedade da comunicación en Galicia: estudo das estruturas dos grupos de comunicación galegos e dos seus protagonistas

Sandra Blanco Ramil

  • Análise da configuración histórica e da organización das empresas de comunicación galegas no século XX e na primeira década do século XXI. É un estudo da propiedade e da formación e evolución dos grupos de comunicación no contexto económico, social e político, así como do proceso de configuración do mapa actual da comunicación en Galicia; con especial atención ás biografías das principais familias que conservan a propiedade dos medios galegos de comunicación.

    O obxecto desta investigación enmárcase no ámbito das relación existentes entre a prpiedade dos medios de comunicación, as súas formas de organización, as audiencias e a sociedade galego no seu conxunto, abordado todo dende a análise dos distintos factores que configuran o sistema de empresas de comunicación en Galicia e o chamado poder mediático.

    Achéganse algunas claves de información, datos e elementos de análise para axudar a describir e definir os grupos de comunicación de orixe galega no momento presente, tempod e profundas transformacións.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus