Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Rafael Dieste e a xeometría: argumentos para unha concepción filosófica do espazo como índice de realidade

  • Autores: Xosé Díaz Díaz
  • Directores de la Tesis: Rafael Martínez Castro (codir. tes.), Arturo Casas (codir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2013
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Mercedes Torrevejano Parra (presid.), María López Sández (secret.), Ricardo Moreno Castillo (voc.), Carlos Nieto Blanco (voc.), Nel Rodríguez Rial (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • Rafael Dieste publicou en vida tres tratados sobre xeometría. As obras, tituladas Nuevo Tratado del Paralelismo (1956), ¿Qué es un axioma? Movilidad y semejanza (1967) e Testamento Geométrico (1975), constitúen a sección menos coñecida e estudada da produción diesteana. Os tres libros xiran en torno a un problema común: a cuestión da demostrabilidade do V Postulado de Euclides e, consecuentemente, a disxuntiva entre xeometrías euclidiana e non euclidianas como modelos lexítimos de verdade e representación. Á marxe dos aspectos estritamente xeométricos, ditas obras teñen especial relevancia polo seu alto rendemento filosófico, que axuda a abrir e comprender novas dimensións do autor. Máis alá dos contidos dedutivo-teoremáticos, a obra xeométrica de Dieste encobre un estudo sobre o estatuto ontolóxico e epistemolóxico de espazo, tempo e movemento. O obxectivo deste traballo non é outro que investigar as concepcións diesteanas de espazo, tempo e movemento, a súa competencia coa realidade e o lugar que ocupan nos procesos de coñecemento.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno