Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Refuncionalizando a Casa Solarenga: uma Grounded Theory

  • Autores: José Luís Sousa Soares de Oliveira Braga
  • Directores de la Tesis: António Manuel Barros Cardoso (dir. tes.), Miguel Pazos Otón (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2016
  • Idioma: portugués
  • Tribunal Calificador de la Tesis: María Luisa del Río Araújo (presid.), Valerià Paül i Carril (secret.), Rosa María Soriano Miras (voc.), Maria Helena Mesquita Pina (voc.), Jorge Bernardo Larceda de Queiroz (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • O obxectivo do presente estudo é comprender o que está a acontecer nas unidades sociais do "Turismo de Habitação" actividade que ten contribuído para a valorização do patrimonio local e rexional e para a cohesión do territorio portugués. A Teoría Fundamentada Clásica (TFC) - i.e. Grounded Theory - é unha abordaxe metodológica que permite a xeración de teorías inducidas a partir dos datos extraídos da realidade estudada. O seu desenvolvemento debeuse ao traballo pioneiro dos sociólogos americanos Barney G. Glaser e Anselm Strauss na década de sesenta do século XX. Esta é hoxe unha das metodologias de pescuda máis populares do mundo. A TFC privilexia a noción de diálogos entre iguais ao contrario dunha relación hierárquica entre entrevistador e entrevistado e ten aínda a virtualidade de non se limitar a unha unidade de análise. Así, os conceptos que dela derivan son xeneralizabades a outras áreas substantivas. O proceso de investigación da TFC caracterízase por ser en espiral, ou sexa, a medida que un investigador desenvolve a teoría, pode revisitar fases segundo a súa necesidade. A TFC permite desenvolver unha teoría, ora o turismo, mentres disciplina, carece das súas propias teorías, independentes doutras áreas de saber. Efectivamente, a TFC permitirá comprender a acción nas casas senhoriais do punto de vista dos actores implicados. A teoría dará unha explicación acerca da principal preocupación dos propietarios de casas de "Turismo de Habitação" e como esta é resolta e procesada. A continua resolución é a variável central, que designamos de "refuncionalizando". Palabras clave: Turismo de Vivenda, Teoría Fundamentada Clásica, Hospitalidade, Patrimonio, Autenticidade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno