Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Minutarios notariais de Rodrigo Afonso, Gonzalo Oureiro e Pedro Sánchez de Baeza (Ourense, s. XV)

  • Autores: Ana Gordín Veleiro
  • Directores de la Tesis: María Beatriz Vaquero Díaz (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Vigo ( España ) en 2016
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (presid.), José Miguel Andrade Cernadas (secret.), Ana Isabel Boullón Agrelo (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
  • Resumen
    • A tese consiste básicamente na transcripción dos minutarios notariais dos notarios apostólicos do cabido da catedral de Ourense, Rodrigo Afonso, Gonzalo Oureiro e Pedro Sánchez de Baeza, século XV. Un estudo destas características dábanos a oportunidade de coñecer un pouco máis a vida cotiá dos compoñentes dunha institución, que xunto co bispo, ostentaba o poder na sociedade medieval da cidade de Ourense, o cabido. As súas funcións eclesiásticas, señoriais, a relación cos demais estamentos da sociedade, as súas loitas coas outras institucións da cidade, as loitas internas e a relación de poder coa poboación. Esto podería dar pé a estudos posteriores. A maiores tiñamos a posibilidade, nun futuro, de estudar o urbanismo da cidade de Ourense no século XV, pola cantidade de foros de propiedades urbanas existentes, nos que se cita a súa situación (nomes de rúas e prazas) e os seus lindeiros. Por iso, esta tese deseñouse non só como un presente senon tamén como unha posibilidade de futuro. O tempo decidirá. Esta tese está estruturada de xeito que, despois dunha breve introdución que nos sitúa no contexto histórico no que nos movemos, a primeira metade do século XV, realízanse unha serie de estudos (das fontes, paleográfico e diplomático) que servirán de introdución ao obxectivo principal do estudo que é a edición dos documentos recollidos nos minutarios notariais que figuran no seu título. Para rematar coa confección dos índices (antroponímico, toponímico e socioprofesional) que permitan a futuros investigadores, o acceso rápido aos documentos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno