Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A vía detritívora nas cabeceiras dos ríos forestados: o papel dunha especie dominante no ecosistema

Liliana García Lago

  • Esta tese céntrase no estudo da cadea alimentaria dos pequenos ríos de Galicia que posúen unha elevada cantidade de árbores na ribeira tan característicos dos climas temperados, e nos invertebrados que habitan e se alimentan da materia orgánica dominante nos mesmos, os esmiuzadores. Este traballo abrangue diferentes estudos de campo e de laboratorio levados a cabo para comprobar a importancia desta especie dominante e analizar a influencia da temperatura e calidade de alimentos como factores que controlan o seu ciclo de vida e atributos ecolóxicos, o que consecuentemente podería causar un impacto sobre todo o ecosistema. A presente tese consta dunha introdución ao tema de estudio cunha revisión xeral dos conceptos e teorías ecolóxicas que están detrás deste estudo e describe a liña de investigación seguida ao longo da mesma. Esta primeira parte achéganos ao mundo da ecoloxía dos pequenos ríos forestados, destacando os seus principais compoñentes (é dicir, hábitat, recursos e consumidores) e os principais factores que poden influenciar na súa estrutura e funcionamento. Ademais, inclúe unha ampla revisión bibliográfica, as áreas de estudo, a(s) especie(s) de interese e os principais obxectivos da tese doutoral. A continuación, diferéncianse dúas seccións principais que separan os estudos levados a cabo para a realización deste traballo, en función do nivel de organización ecolóxico. A primeira sección inclúe todos os estudos a nivel de ecosistema e poboación, namentres que a segunda sección inclúe os experimentos a nivel de especie.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus