Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Feminismo, xénero e coeducación na literatura infantil e xuvenil: historia crítica e aplicación didáctica

  • Autores: Montse Pena Presas
  • Directores de la Tesis: Bieito Silva Valdivia (dir. tes.), Dolores Vilavedra Fernández (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2016
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Helena González Fernández (presid.), María Xesús Nogueira Pereira (secret.), Isabel Fernández López (voc.), José Rovira Collado (voc.), Katarzyna Moszczynska (voc.)
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Dialnet Métricas: 2 Citas
  • Resumen
    • Este estudo pretende analizar como o feminismo e os estudos de xénero (un ámbito de análise derivado en grande medida do impacto que o movemento feminista tivo nas humanidades e das ciencias sociais) influíu na literatura infantil e xuvenil. Tamén como resultado do cambio de valores sociais acontecidos ldespois do maio do 68, as obras destinadas a nenas e mozas abríronse á chamada "literatura militante", que incluía a loita de raza, clase e xénero como os seus tres preceptos fundamentais. Á vez que xurdían estes textos, eran cada vez máis os estudos que, especialmente dende o ámbito das feministas máis implicadas coa educación (na súa maioría mestras) denunciaban o sexismo que aparecía na maioria de textos para a infancia e a mocidade. Non obstante, a maior parte destas achegas publicáronse en revistas vencelladas ao movemento feminista ou en revistas de literatura infantil, polo que a súa importancia foi frecuentemente minimizada. A partir desta constación, abordáronse diferentes publicacións pertencentes ao ámbito anglófono, ao hispánico e ao galego coa intención de historiar a confluencia entre feminismo, xénero e literatura infantoxuvenil. Ademais, no ámbito galego realizarase un estudo da presenza das mulleres como creadoras de textos infantoxuvenís para poder analizar as narracións da literatura galega á luz das ferramentas críticas recompiladas. Á vez, estudaranse detidamente os textos por elas producidos como mostra de certas innovacións realizadas no sistema literario en relación ao tratamento dos xéneros e como proba do impacto que a coeducación tivo en determinadas obras. Por último, como resultado desta análise, tentarase establecer unha proposta de canon de literatura coeducativa para a Educación Secundaria Obligatoria, coa intención de que poida ser aplicado nas aulas. O traballo conta con tres obxectivos fundamentais: A. Reconstruír as achegas teóricas realizadas á literatura infantoxuvenil dende unha perspectiva dos estudos feministas e de xénero a través da análise de publicacións periódicas. B. Analizar e pór en valor a laboura das escritoras na construción da narrativa infantil e xuvenil galega e establecer unha periodización que aborde os avances e retrocesos dende a perspectiva de xénero. C. Propoñer un canon de lecturas con que traballar a prol da igualdade nas aulas de Educación Secundaria.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno