En España, o baremo para a valoración de danos corporais para os casos de accidentes de tráfico non dolosos, está contido no RDL 8/2004. Este baremo asigna puntos ás secuelas resultantes, que se ven traducidos a euros mediante unas táboas actualizadas anualmente. Neste traballo mediuse a fiabilidade de dito baremo mediante o índice Kappa de Fleiss e o coeficiente de variación, calculados sobre 24 valoracións dun mesmo accidentado, realizadas por médicos peritos expertos na valoración do daño corporal. Estes parámetros deixaron ver una escasa fiabilidade do baremo. A pesar disto, tamén se comprobou, mediante o estudo dunha mostra de 999 casos de accidentes de tráfico, que é posible predicir nun corto prazo de tempo dende o accidente, os puntos funcionais que un lesionado poderá recibir polas súas secuelas mediante modelos de regresión loxística. Estes modelos de predición empregan no seu cálculo as escalas de gravidade internacionalmente recoñecidas AIS, MAIS, ISS e NISS, sendo o modelo que mellor predí aquel que emprega a escala NISS.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados