Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Creación e transformacións da cidade litoral: Moaña, 1950-1987. Política, urbanismo, vivenda e sociedade

Manuel Pérez Rúa

  • español

    Utilizando como marco unha primeira e curta investigación sobre o mesmo lugar onde se aportan reflexións sobre a decadencia do centro tradicional e a conformación do novo núcleo urbano litoral a partir de 1950, a política urbanística do Concello, o nacemento do primeiro barrio urbano en 1962 e aspectos do cambio social, agora propoñémonos abordar Moaña como estudo de caso, entre 1950-1987, para poder ter unha mellor perspectiva comparada de dous períodos históricos e políticos diferenciados: a) A ditadura franquista 1950-1975 xunto coa transición política local entre 1976-1979. Este corte temporal responde ao intento de coutar a política, o urbanismo e a sociedade en tres etapas: a primeira ata o Plan de Estabilización de 1959, a segunda ata a morte do ditador e a última cos febles gobernos municipais ata a chegada da nova Corporación Municipal democrática.

    b) A xestión democrática entre 1979-1987: Moaña pasa a ser un concello gobernado dende a primeira hora da democracia local polo nacionalismo de esquerdas, situación minoritaria na Galicia daquela altura. Tentaremos analizar política, urbanismo e sociedade nun tempo de mudanza ideolóxica, política, urbanística e social respecto da época histórica anterior.

  • galego

    Estudo sobre as transformacións morfolóxicas, políticas, económicas, residenciais, urbanísticas e sociais de Moaña (1950-1987), un proceso de desmariñeirización, reconversión e entrada nunha economía internacionalizada (pesca industrial, mariña mercante, plataformas petrolíferas) e industrial (instalación local de estaleiros e conserveiras) que permite soporte económico estable e perspectiva vital a unha poboación activa salarizada e abre a porta a importantes cambios espaciais: mobilización da propiedade parcelaria familiar, apertura de novos viarios, decadencia do centro histórico, creación do primeiro barrio urbano, gran desenvolvemento da edificación privada (sobre todo unifamiliar) e consolidación do centro urbano litoral.

    Os cambios económicos, laborais, urbanísticos e residenciais acompañaron a outros factores (crecemento demográfico, sociedade de consumo, aparición do automóbil, control da natalidade, decadencia da relixión católica, ensino obrigatorio, etc.) e políticos que analizamos en clave comparada: a ditadura e a democracia ante retos como o crecemento urbano, o deterioro medioambiental, a desnuclearización rural, o planeamento urbanístico ou a batalla por urbanizar e estender o borde mariño a través de recheos litorais.

  • English

    Based on a brief research carried out there where we have put forward various reflections on the decay of the traditional village centre as the new urban area on the seafront started developing as of 1950, the Council´s urban development policy, the rise of the first urban neighbourhood in 1962 and other aspects of social change, we now aim to focus on Moaña as a case study during the 1950-1987 period so as to be able to have a better compared perspective of two well-differentiated historical and political periods: a) Franco´s dictatorship between 1950 and 1975 together with the local political transition to democracy between 1976 and 1979. That time division is thus established in order to try and differentiate politics, town planning and society in three periods: the first one comprises up to the Stabilization Plan in 1959, the second one spans till the death of the dictator and the third one includes the weak local governments leading up to the new democratically-elected Local Government.

    b) The local democratic management between 1979 and 1987 : from the very start of the local democratic period, Moaña became a council ruled by left wing nationalist parties, which was fairly rare in Galicia at the time. We intend to analyse politics, town planning and society at a time of ideological, political, urban development and social change as opposed to the preceding historical period.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus