Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Cibermedios locais e hiperlocais en España: mapa, modelos e produción informativa

María Cruz Negreira Rey

  • O ecosistema dos medios de proximidade sufriu unha profunda transformación derivada da crise económica e da industria mediática tradicional, que deixou múltiples áreas xeográficas sen unha cobertura informativa local. No contexto da sociedade rede, a cidadanía demanda unha información próxima e confiable, necesidade ante a cal xorden novos modelos de medios nos ámbitos local e hiperlocal. A investigación parte do mapeo e análise dos cibermedios locais e hiperlocais en España. O estudo de dez casos permite analizar a produción informativa, os modelos profesionais e de negocio, e as formas de interacción cos usuarios. A través dunha enquisa aos seus promotores, abórdase o crecemento dos cibermedios hiperlocais, unha tendencia en auxe no panorama internacional.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus