Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O léxico da hipoloxía no galego oral

Fernando Groba Bouza

  • Esta tese é unha proposta de compilación, clasificación e análise do caudal léxico relacionado co sector equino no noroeste da Península Ibérica no idioma galego (Galiza e concellos galegofalantes de Asturias, León e Zamora) e nas falas lusas máis próximas a Galiza.

    Este estudo dá conta das diferentes unidades de expresión que achegaron 107 persoas -especialistas no ámbito- que foron entrevistadas ex profeso. Concretamente, achéganse as formas que teñen para nomear ou describir os équidos segundo diferentes parámetros como son: a especie, o sexo, a idade, a calidade, o comportamento, as particularidades físicas ou as particularidades fisiolóxicas; os nomes e adxectivos que teñen que ver coas partes do exterior e interior do corpo dos animais; as denominacións vinculadas coa faneróptica; a terminoloxía que ten que ver coa súa cronometría; as accións vitais básicas; así como tamén o léxico vinculado cos diferentes problemas de saúde que poden presentar e os posíbeis coidados.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus