A partir dunha base de datos de máis de catro mil mostras analizada por métodos de referencia, se desenvolveron e validaron calibracións NIRS que permiten a predición, con alto grao de fiabilidade, da composición química e a dixestibilidade das principais forraxes utilizadas para a alimentación das vacas de leite de Galicia, da degradabilidade ruminal de ensilaxes de herba e millo e dos parámetros fermentativos destas ensilaxes. Os modelos de predición NIRS desenvolvidos están plenamente operativos con propósitos de apoio á investigación e servizo analítico para a avaliación nutricional rápida e precisa das forraxes, facilitando o manexo xeral da base forraxeira das granxas e a optimización económica e ambiental das racións do gando vacún de leite.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados