Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Estudo transversal sobre o desempeño das competencias de modelización e uso de probas en procesos de transformación da materia

Vanessa Sesto Varela

  • A tese aborda a análise do desempeño das competencias de modelización e uso de probas por parte de estudantes de educación infantil, educación primaria, e do último curso da escolarización obrigatoria do sistema educativo español e sueco durante a interpretación de cambios químicos cotiáns como a combustión dunha candea e a descomposición térmica do azucre. Os resultados indican que a observación dos fenómenos e, especialmente, a discusión arredor dos mesmos, favorecen a progresión cara modelos para a interpretación dos cambios químicos máis sofisticados. Ademais, a introdución a idades temperás dun modelo corpuscular que permita describir e explicar os cambios macroscópicos permite ao alumnado adquirir máis destrezas na interpretación de fenómenos nos que a materia se transforma


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus