Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Factores que determinan a supervivencia da empresa galega

Manuel Meijide Vecino

  • Numerosos investigadores estudaron ao longo dos últimos cincuenta anos a supervivencia empresarial. As empresas son seres vivos: nacen, crecen, viven, e morren. Son moitos os factores que inflúen nese proceso, e afectan á duración da vida das empresas, entre os cales están o tamaño, o endebedamento, a solvencia, ou a rendabilidade. Nesta tese estúdase en profundidade a supervivencia das empresas de Galicia, e os factores que a determinan, mediante a análise empírica dunha mostra grande de 5000 empresas utilizando modelos estatísticos de supervivencia, co fin de medir a intensidade e significación estatística dos distintos efectos, referidos ao período 2008-2012. Entre os principais resultados, atópase que os factores que afectan á supervivencia da empresa galega son en xeral os mesmos que aparecen repetidamente na literatura especializada, aínda que outros factores, citados por investigadores de distintos países e épocas, non semellan afectar significativamente á desaparición das empresas de Galicia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus