A través da presente investigación, conformada como Tese de Doutoramento, pretendemos analizar aqueles procesos de educación social e popular e de desenvolvemento comunitario, que foron encabezados por certos sectores da Igrexa galega dende a fin do concilio Vaticano II ata principio dos anos oitenta do século XX. Estes procesos pretendían espertar una conciencia crítica nas propias comunidades onde tiveron lugar. Estas experiencias educativas aconteceron ao longo de toda a xeografía galega, tanto en contextos rurais coma vilegos, mariñeiros ou urbanos.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados