Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Estratexias analíticas integrais para novos retos no control da seguridade de cosméticos

Laura Rubio Lareu

  • Nos últimos anos, a preocupación pola imaxe desencadea unha demanda que medra vigorosamente e un elevado consumo diario de produtos cosméticos e de coidado persoal. Isto supón un alto grao de exposición a multitude de compoñentes, polo que existe un crecente interese polo control da calidade e seguridade destes produtos. Esta tese centrouse no desenvolvemento de metodoloxías analíticas para superar os retos na análise de ingredientes cosméticos. Abarcou a determinación de familias de compostos moi utilizados en cosmética así como a caracterización doutros cosméticos con características extremas ou fronteirizas, como son as tatuaxes e tinturas capilares temporais de orixe vexetal. Os resultados foron discutidos en función da regulación vixente aplicable. Tamén se incluíron extractos naturais e aceites esenciais con potenciais aplicacións como ingredientes naturais en cosméticos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus