Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Contribución á sociodialectoloxía galega: a fala da Limia Baixa

  • Autores: Reyes Rodríguez Rodríguez
  • Directores de la Tesis: Xosé Henrique Costas González (dir. tes.), Alexandre Rodríguez Guerra (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Vigo ( España ) en 2022
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Francisco Fernández Rei (presid.), Aquilino Alonso Núñez (secret.), Ernestina Carrilho (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Estudios Lingüísticos por la Universidad de A Coruña y la Universidad de Vigo
  • Materias:
  • Enlaces
  • Resumen
    • Trátase dunha investigación de natureza sociodialectal centrada na fala da Limia Baixa, unha área situada ao suroeste da provincia de Ourense que linda con Portugal polo sur e polo oeste. O galego da Limia Baixa presenta unha situación lingüística particular. Existe un panorama lingüístico dominado polo monolingüismo na súa variedade dialectal baixolimega. O contacto co galego estándar, co español e co portugués inflúe na existencia, mantemento ou retroceso dos trazos dialectais. Polo tanto, cómpre facer unha análise da historia, da sociedade e do carácter en relación coa lingua. O obxectivo principal deste traballo céntrase en recoller, describir e estudar os cinco trazos dialectais máis representativos desta área: os resultados de -ĀNĒS, -ŌNĒS no plural dos nomes que rematan en -n; os resultados das terminacións latinas -ĀNŬM, -ĀNĂM, -ĀNŌS, -ĀNĀS; a crase do hiato [-a > -ͻ] (lat. -ŎLӐM); a gheada e o mantemento do sistema de sibilantes sonoras. Deste xeito, elaborouse un corpus propio baseado en gravacións e enquisas feitas a falantes desta área que comprenden as tres xeracións de idade. A partir deste corpus, analízase o estado actual do galego baixolimego e faise unha comparación cos datos recollidos hai más de 40 años no Atlas Lingüístico Galego e co estudo sobre o galego desta zona realizado por Hans Karl Schneider, «Studien zum Galizischen des Limiabeckens (Orense. Spanien)», hai case 90 anos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno