A presente tese de doutoramento pretende ser unha primeira aproximación ao análise dos espazos de moenda e de representación no suroeste galego e o norte portugués, a través do rexistro e estudo sistemático dos Equipos de Moenda Rupestres (EMR), e as representacións de cuadrúpedes características da Arte Rupestre Atlántica (ARA). Con este traballo poñemos de manifesto un desenvolvemento particular da cultura material dentro desta área do noroeste peninsular dende a prehistoria recente. Así mesmo, intentamos trazar as bases para o estudo do instrumental lítico asociado á actividade da moenda e o triturado presente nesta rexión, dende a prehistoria recente ata a Idade do Ferro.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados