Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Museoloxías contemporáneas e sistemas culturais emerxentes: modelos, heurísticas, conceptos. Aplicación ao sistema museal galego

Sabela López Pato

  • O principal propósito desta investigación é presentar, describir e concretar unha análise crítica das principais correntes da museoloxía contemporánea e ver en que medida este corpus conceptual e metodolóxico atende ou desatende realidades culturais e museais marcadas pola subalternidade, a dependencia ou a precarización. Alén disto, trátase tamén de observar ata que punto a asunción estrita ou relativa desta clase de operativos supón ou non unha eiva para analizar o caso galego. A estrutura organízase en tres partes. A primeira, céntrase na historiografía museal. A segunda, no desenvolvemento da museoloxía contemporánea: Escola de Brno, Nova Museoloxía e Escola de Leicester. A terceira na experiencia galega: na problemática do sistema museal galego despois de 1975 e no relato sobre a súa formación no século XIX.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus