Julio Carlos Alonso Monteagudo
A muiñeira está recoñecida como unha das pezas musicais que mellor representa á música galega, como símbolo identitario de Galicia. Mais este recoñecemento non é froito dunha evolución natural e desinteresada, senón dun longo proceso que ten a súa orixe no século XVII, no baile da gaita galega, e que se consolida definitivamente no século XIX. Esta evolución fundaméntase na transformación do ideario colectivo, que pasa dunha percepción negativa do galego, consecuencia dunha visión centralista creada desde Castela e difundida a través do teatro e os vilancicos por toda a Península Ibérica, á xeración, a finais do século XVIII e principios do XIX, dunha imaxe positiva desenvolvida de forma interna –na propia Galicia– como inversión da heterodesignación proxectada desde o exterior, e na que a música xogará un papel fundamental. Neste sentido, o asentamento das ideas románticas e a influenza do pensamento galeguista nas súas diferentes etapas derivarán nun interese polos elementos folclóricos que representan as tradicións e costumes e potenciarán a busca e selección dos compoñentes culturais que sirvan de símbolos representativos de Galicia. Partindo destes principios, o presente traballo pretende indagar na historia da muiñeira, e do seu antecedente a gaita galega, para estudar e identificar cales son os feitos e as persoas que contribuíron en maior medida ao seu desenvolvemento. A investigación realizada baséase nun amplo traballo de arquivo no que se levou a cabo un baleirado de fontes documentais do período que recolle o presente estudo, que vai desde o século XVII ata o século XIX, pois, coa chegada do século XX o proceso xa estaba perfectamente consolidado, fixándose o canon da música galega na tríade formada por alalá, muiñeira e alborada. Aínda que se achega información sobre o proceso xeral de conformación da música popular galega, o obxectivo central é a muiñeira e as numerosas variantes da mesma en Galicia. Como resultado da investigación obsérvase que a narrativa creada polas historias de Galicia publicadas a partir dos anos trinta do século XIX foi determinante para xerar un discurso de base etnicitaria –marcado fundamentalmente polas ideas celtistas do momento– que puxo á música no centro dos elementos patrimoniais considerados propios da cultura popular. Esta tese preséntase, polo tanto, como unha achega ao estudo do papel da música no seo do proceso cultural coñecido como
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados