O sector cunícola enfróntase a un descenso no consumo de carne de coello e a un aumento da mortalidade nas granxas, debido á dificuldade de manter a saúde intestinal dos cazapos tras as recentes restricións no uso de antibióticos. As macroalgas mariñas aparecen como unha prometedora alternativa, xa que presentan numerosos polisacáridos con potencial efecto prebiótico. O obxectivo deste estudo foi avaliar o emprego de macroalgas nas dietas dos coellos co fin de mellorar a súa saúde intestinal no período post-desteta. As especies S. latissima, H. elongata e Ulva spp mostraron resultados prometedores sobre a saúde intestinal. As macroalgas demostraron ser unha boa fonte de minerais, sobre todo de iodo, e non produciron ningún efecto negativo sobre a calidade da carne nin sobre a súa aceptación por parte dos consumidores.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados