Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A construción da identidade de xénero na narrativa galega da segunda metade do século XX

  • Autores: María dos Anxos García Fonte
  • Directores de la Tesis: Francisco Salinas Portugal (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade da Coruña ( España ) en 2011
  • Idioma: español
  • Número de páginas: 406
  • Tribunal Calificador de la Tesis: María Camino Noia Campos (presid.), Carme Fernández Pérez-Sanjulián (secret.), Kirsty Hooper (voc.), Helena González Fernández (voc.), Antón Figueroa (voc.)
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A tese parte dunha concepción da literatura como vehículo de transmisión de categorías sociais e como fábrica e reciclaxe de construcións ideolóxicas e simbólicas por medio da palabra escrita. Unha destas construcións, quizais a máis profundamente implicada nas identidades individuais e sociais, é o xénero.

      Tanto o termo como o mesmo concepto de xénero son obxecto dunha continua revisión, malia a todo pártese da súa utilidade para dar nome ao complexo de relacións sociais e simbólicas que teñen que ver co sexo pero van máis alá da bioloxía e da propia sexualidade ata empapar o universo político (a dimensión pública) e privado (as estruturas internas da psique). Un dos obxectivos desta investigación foi estudar a transmisión cultural do xénero nun corpus de textos narrativos que teñen en común, ademais dunha determinada época histórica e un contexto literario, a autoría feminina. Trátase dunha perspectiva de análise que implica a adopción dunha metodoloxía ecléctica baseada na interdisciplinaridade teórica, pois o xénero é unha categoría estruturante que atravesa calquera barreira social, cultural e política, estendéndose do plano individual ao colectivo, e do privado ao público. Esta posición teórica e metodolóxica no medio de vías que se entrecruzan permitiu un amplo abano de posibilidades de análise de acordo coas características de cada un dos textos do corpus e das particularidades relativas á autoría e á recepción que estes presentaban. Desde a perspectiva da tradición crítica feminista, prestouse unha especial atención á transmisión ideolóxica por medio da literatura: ás posibilidades de coñecemento que a través dos textos narrativos se ofrecían para o estudo da integración dun suxeito feminino no devir histórico dunha cultura nacional emerxente. Achegueime a este ambicioso obxectivo tanto mediante a análise dos textos literarios como da reflexión sobre a creación da imaxe pública das escritoras.

      Deste xeito, a obra narrativa de catro relevantes escritoras en lingua galega (Mª Xosé Queizán, Xohana Torres, Margarita Ledo e Úrsula Heinze) e a configuración dunha imaxe autorial feminina dentro do campo literario galego de finais do século XX, en pleno proceso de formación e autonomización, é o punto de partida para unha investigación que pretende reflexionar sobre o tratamento do xénero na cultura galega desde unha perspectiva nacional e sobre a importancia das achegas femininas á renovación literaria a través da narrativa.

      A existencia ou non dunha escrita feminina oposta temática e formalmente a unha escrita masculina que ocuparía o centro do canon, non deixa de ser motivo de dúbida e de debate. A escritura das mulleres é, en boa medida, resultado das múltiples voces que se alzan desde as marxes achegando unha experiencia da subxectividade diferente á imperante no centro literario. Máis problemático é unificar esta experiencia literaria segundo que medios utilice para a súa expresión, que variarán moito segundo a contorna específica que rodea cada creación, a competencia cultural e os obxectivos de cada escritora. Entre os obxectivos do presente estudo está tamén o de achegar datos que axuden a determinar en que medida a creación narrativa das mulleres contribuíu a renovar temática e formalmente o panorama literario galego, especialmente no último cuarto do século XX, e en que medida e de que xeito as mulleres escritoras, moitas menos en número con respecto aos homes no campo literario galego, participan das correntes de renovación literaria máis vangardistas


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno