Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O léxico do romanceiro da tradição oral moderna portuguesa editado entre 1828 e 1960

  • Autores: Natalia Albino Pires
  • Directores de la Tesis: Xosé Ramón Freixeiro Mato (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade da Coruña ( España ) en 2007
  • Idioma: portugués
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Manuel Ferreiro Fernández (presid.), Xosé Manuel Sánchez Rei (secret.), Pedro Alfonso Ferré da Ponte (voc.), Ana Valenciano López de Andújar (voc.), María Antonia Martí Antonín (voc.)
  • Materias:
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • O traballo de investigación que presentamos céntrase no estudo dun corpus romancístico constituído por 1721 textos da tradición oral moderna portuguesa editados entre 1828 e 1960 con vista á elaboración dun dicionario/vocabulario e á comprobación da especificidade do seu léxico. Dada a extensión do espolio romancístico ao dispor de calquera investigador, restrinximos o noso corpus de traballo ás versións de romances tradicionais de asunto profano e ás versións de romances devotos tradicionais editadas entre 1828 e 1960. A opción de estudar o léxico nun corpus de romances surxe porque, na realidade, aínda que haxa unha enorme cantidade de estudos dedicados ao romanceiro, os estudos específicos sobre cuestións linguísticas son escasos e debrúzanse apenas sobre cuestións formulísticas ou sobre a cuestión das alternancias de tempos verbais e da súa relación coa rima.

      Antes de se poderen aferir as particularidades do léxico do corpus, houbo que identificar e definir cal o léxico a que recorren os textos para a transmisión da fábula, sendo, para tal, prioritario etiquetar todas as palabras por forma a que se puidese xerar posteriormente o conxunto de palabras lexicais, de adverbios e de cuantificadores utilizados nos textos e concomitantemente xerar o dicionario que dá conta do léxico dos romances da tradición oral moderna portuguesa editados entre 1828 e 1960. Para aferir a especificidade do léxico do corpus obxecto de estudo, analizamos, por un lado, as formas nominais, adxectivais, verbais, adverbiais e os cuantificadores para verificar en que medida se aproximan ou se distancian das formas dicionarizadas da lingua portuguesa e, por outro lado, a importancia das clases gramaticais Nome, Adxectivo, Verbo, Adverbio e Cuantificador no corpus para determinar en que medida poden ou non caracterizar o léxico do corpus. Procuramos verificar, tamén, se existe variación lexical nos textos e en que clases gramaticais ela máis ocorre, para


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno