Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Diferenzas en metodoloxías de aula entre centros públicos e privados-concertados

Lucía Díaz Pita, Fátima María Díaz Freire, M. Adelina Guisande, Susana Rodríguez Martínez

  • galego

    O emprego de metodoloxías activas estase impulsando, entre elas podemos destacar o traballo cooperativo ou a aula invertida que parecen aportar bos resultados coa súa aplicación. En xeral, as escolas privadas parecen ser máis innovadoras e estar máis dispostas a experimentar cas novas metodoloxías educativas que as públicas. Este traballo ten como obxectivo explorar as diferenzas na frecuencia de utilización de metodoloxías de aula entre docentes da ensinanza pública e da ensinanza privada-concertada. Deseñouse un cuestionario online ad hoc no que se incluíron preguntas relativas a seis tipos de metodoloxías de traballo na aula e unha pregunta para coñecer o tipo de titularidade dos centros. A mostra para este estudo, de tipo descritivo transversal, constou de 159 participantes, dos cales o 64.78% eran docentes de centros públicos (n = 103) e o 35.22% de privados-concertados (n = 56) da etapa de educación primaria, que foron seleccionados mediante mostraxe por conveniencia. En canto á análise dos datos, encontráronse diferenzas estatisticamente significativas entre os profesores dos centros públicos e os dos privados-concertados na frecuencia de uso do traballo cooperativo e da aula invertida. En conclusión, os nosos resultados concordan cos de outros estudos que sinalan que os centros de titularidade privada son máis innovadores que os de titularidade pública. Algunhas investigacións sinalaron que os estudantes de centros privados teñen un mellor rendemento que os de centros públicos, polo que sería interesante analizar en investigacións futuras se as metodoloxías empregados polos docentes poden explicar as diferenzas de rendemento do alumnado

  • English

    The promotion of active methodologies, such as cooperative learning or flipped classroom, has shown promising results in educational settings. Private schools, in general, appear to be more open to innovation and experimentation with new educational approaches compared to public schools. This study aims to explore the differences in the frequency of classroom methodology use between teachers in public and privately contracted schools. To achieve this, an ad hoc online questionnaire was designed, consisting of questions related to six types of classroom methodologies, as well as a question to determine the type of school ownership. The study included a sample of 159 participants, of which 64.78% were teachers from public schools (n=103) and 35.22% from private schools (n=56) in Primary Education. The participants were selected through a convenience sampling approach. The data analysis revealed statistically significant differences between teachers from public and private schools in terms of the frequency of using cooperative work and the flipped classroom. In conclusion, these findings align with previous research indicating that private schools tend to be more innovative in their teaching practices. It is worth considering future research to explore whether the methodologies used by teachers could potentially explain the differences in student performance between private and public schools


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus