Verónica Campos, Araceli Serantes-Pazos, Carlos Vales
O cambio climático é o principal problema socioambiental que enfronta a nosa civilización, pola súa magnitude, velocidade e efectos, atopámonos cun dos principais retos como sociedade ao tratarse dun problema de orixe antrópico. A Educación Ambiental ten ante si o enorme desafío de contribuir na búsqueda de solucións, para o que é necesario facer unha revisión das prioridades de acción, dos programas que se executan e dos ámbitos de actuación en novos escenarios.
Nesta liña, o CEIDA, como centro galego de referencia, está a activar medidas educativas e divulgativas en varios planos: as que teñen que ver coa capacitación, encamiñadas ao coñecemento do cambio climático, as súas causas e as súas consecuencias, tanto a escala global, como a nivel local; as que teñen que ver coa sensibilización e concienciación, buscando dotar aos colectivos e aos individuos dos recursos necesarios para adoptar actitudes máis responsábeis centradas no aforro e eficiencia enerxética na nova vida cotiá; e por último, as que teñen que ver coa acción, proporcionando espacios para a participación e o compromiso, individual e colectivo.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados