Neste traballo ofrecemos unha análise das políticas de tradución da Xunta de Galicia, dando conta tanto do apoio económico das últimas décadas como do apoio loxístico que a Administración galega prestou co fin de promover a tradución de textos do e ao galego.
Para poder optimizar os esforzos neste ámbito, insistimos na creación dunha "Oficina do Libro" que analice e aconselle extratexias de actuacións en materia de tradución. Canto ás subvencións, constatamos que cumprirían partidas orzamentarias máis xenerosas para poder apoiar as traducións de e ao galego, así como unha revisión e ampliación das actuacións neste eido. Propoñemos promover a tradución de textos diferenciadores ou á marxe da cultura hexemónica e relegar a tradución (importación) de clásicos a un segundo plano.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados