Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de 200 anos de espera: o papel dos xornalistas nos dous séculos de historia da prensa galega

José Miguel Túñez López

  • A situación laboral dos xornalistas a penas ten espacio nos estudios sobre a historia do periodismo galego. As empresas, a relación das cabeceiras e das emisoras cos grupos de poder, o seu papel como actores políticos, as vinculacións dos medios coa etapa histórica do momento, a producción dos principais escritores e políticos galegos nas páxinas dos xornais son referentes constantes na, aínda escasa, bibliografía galega sobre xornalismo. Parece que os outros protagonistas, os xornalistas, só tivesen reservado un papel de anonimato no proceso a non ser que a súa actividade mediática fora complemento doutra dedicación, principalmente política ou literaria. Dáse, pois, un panorama que deixa patente a necesidade de iniciar unha investigación a fondo e rigorosa que encha o que é un inexplicable baleiro no coñecemento da profesión periodística en Galicia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus