Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A dirección dos centros de educación infantil e educación primaria na Comunidade de Galicia: Análise dalgúns dos seus aspectos

  • Autores: María José González
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN-e 2171-6595, Nº. 74, 2017
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Neste estudo analizamos as valoracións que os directores e directoras de centros de educación infantil e educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia realizan respecto de diversos aspectos da súa formación e funcións. Unha proba elaborada ad hoc foi cuberta por 71 directores e directoras. Os directivos consideran que a formación inicial que recibiron antes do seu exercicio profesional, en relación coas súas actuais tarefas, non foi a adecuada. Entenden, así mesmo, malia valoraren case como “aprobada” a formación permanente que reciben das administracións educativas respecto das súas responsabilidades, que esta tamén podería mellorarse e debe ir orientada a temas como normativa, liderado, organización e avaliación de centros, pedagoxía-psicoloxía e novas tecnoloxías. Directores e directoras están bastante satisfeitos no exercicio das súas responsabilidades á vez que consideran importante o cargo directivo que ocupan para o bo funcionamento do centro e a calidade do ensino que este ofrece. Entenden que reciben nas súas tarefas un razoable apoio, colaboración e recoñecemento por parte das administracións educativas. Consideran, así mesmo, que as tarefas que realizan están ben recoñecidas por parte do profesorado e das familias do centro. Entenden, doutra banda, que debe existir unha auténtica carreira profesional para os docentes. As funcións e competencias que teñen asignadas considéranas importantes para o bo funcionamento do centro e a calidade do ensino deste.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno