María Trinidad Pérez López, Sandra Yolanda Camiña Codesido
O obxectivo desta comunicación é presentar recursos e experiencias que desenvolveu ata o de agora o IES Virxe do Mar para o proxecto EduCO2cean-Erasmus+. As iniciativas que se pre-sentan, seleccionáronse polo interese para o profesorado. EduCO2cean, aprobado e fi nanciado pola UE na convocatoria Erasmus+ 2016, aplica os principios metodolóxicos do proxecto Cli-mántica coa fi nalidade de xerar un modelo pedagóxico Ciencia-Tecnoloxía-Sociedade (CTS), con potencial para ser aplicado en diferentes sistemas educativos da UE. A súa fi nalidade última é xerar respostas educativas ao cambio global, co impacto e difusión necesarios para transmitir á sociedade a importancia da investigación sobre as respostas educativas ao cambio global no océano, con especial énfase no Océano Atlántico e no Mar Báltico. Os recursos e actividades que se expoñen son os principais produtos didácticos, desenvoltos ata o de agora, polo IES Virxe do Mar: 1) primeira unidade didáctica titulada: “Cambio global nos ecosistemas mariños”, 2) pro-tocolos de prácticas dos catro grandes ámbitos do cambio global que foron aplicados no campus de Aveiro, 3) a investigación científi co – escolar relativa ao berberecho de Testal, na procura de respostas científi co – educativas fronte ao cambio global
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados