Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O castiñeiro e os soutos, ecosistemas cheos de historia, de bens e de servizos

Pedro Álvarez Álvarez, Emilio Rafael Díaz Varela, José V. Roces Diaz

  • O castiñeiro é unha especie fortemente arraigada na paisaxe tradicional e na cultura galega, moi estimada polos labregos, onde foi un elemento fundamental no tecido agroforestal galego. Neste medio medrou desafiando a eternidade como auténticos monumentos viventes, conformando a súa esencia como a dunha divindade mitolóxica que pervive na nosa toponimia, na arte e na literatura, e en centos de contos e lendas. Os castiñeiros e os soutos non só producen madeira selecta, leña, vigas, postes para os cerramentos, táboas para os faiados, castañas de diversas formas e sabores,... tamén conectan a paisaxe coa nosa cultura tradicional e a impregnan dunha fragrancia especial, única e máxica. Por iso a súa conservación e fomento deberían ser unha prioridade no desenvolvemento das políticas agroforestais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus