A educación ten que desenvolver valores de responsabilidade e participación na transformación social cara a un mundo máis xusto. O respecto, a igualdade, a xustiza, a equidade, a protección do medio ambiente, a cooperación, a diversidade... han ser asumidos como valores que sosteñan o futuro proxecto de vida do noso alumnado. É necesario que, desde a infancia, tome conciencia da realidade e se lle ofrezan recursos para asumila de forma crítica e para potenciar actitudes transformadoras. E isto non só pensando no futuro, senón que xa no presente eles son suxeitos de dereito e de deberes e son quen de participar de forma activa na sociedade. Este fundamento teórico é a base da que partimos no CEIP Plurilingüe Os Casais para enfocar o traballo e as actividades que realizamos, desde varios cursos atrás, no ámbito da educación en valores e para o desenvolvemento
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados