Este documento pretende analizar o enfoque alemán da educación social para dar resposta ás problemáticas presentadas pola escola. Para iso analizaremos os aspectos teóricos máis relevantes que caracterizan a intervención dos educadores. Por outra banda, a través dun estudo de caso nun instituto alemán, realizaremos unha avaliación do traballo da educadora por medio da opinión do alumnado. O obxectivo é identificar as mellores prácticas que dotan a estes profesionais dun elevado grao de aceptación e eficiencia nos centros escolares.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados