Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A educación social na integración académica da infancia e da adolescencia con expediente no sistema de protección de menores

Jesús Deibe Fernández Simo, Xosé Manuel Cid Fernández

  • As situacións de risco social ou desamparo inciden negativamente no itinerario académico do alumnado. A escola non conta con apoios específicos para este colectivo. Mediante relatos de vida, estudos de caso e grupos de discusión, participantes egresados do sistema de protección poñen de manifesto os factores determinantes na súa evolución escolar. Os resultados revelan dificultades na coordinación entre o ámbito educativo e os recursos especializados. A administración ten pendente articular un mecanismo que posibilite unha resposta integral á infancia e á adolescencia en dificultade social para facilitar a súa inserción académica. A educación social é imprescindible para posibilitar a precisa perspectiva social da escola


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus