Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Transicións sociais: sociedade da información e educación escolar

  • Autores: Juan Carlos Pardo Pérez, Alfonso García Tobío
  • Localización: Revista galega de educación, ISSN 1132-8932, Nº. 32 (1ª época), 1999 (Ejemplar dedicado a: Escola e sociedade da información), págs. 21-50
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este artigo ten para nós, os seus autores, unha intención catártica, pois a través del pretendemos espantar ÓS demos que nos roldan, tratando de expresar en palabras o cúmulo de preocupacións que esta época turbulenta desata en nós.

      Vivimos nun intenso, crítico e conflictivo período de transición social que penetra todos os asuntos humanos, desde a política e a economía, pasando pola cultura e pola educación, ata a organización social e as relacións humanas. A finais do século XX estanse a producir importantes cambios sociais e culturais que, para moitos, son indicios de que está rematando unha época e iniciándose outra. A que agora se debuxa aparece ante nós de forma vaga, confusa e imprecisa, e non só polas innumerables posibilidades que nos ofrece, senón tamén polos riscos e continxencias asociados ó nivel de desenvolvemento tecnolóxico alcanzado. Nnda que o menos importante son as etiquetas, acostúmase a falar de sociedade moderna ou industrial para denominar ó modelo social que agora acaba, e sociedade postmoderna, postindustrial ou sociedade da información para referirse ó modelo social que está alumeando.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno