O conxunto de ideas que se expoñen neste traballo, relativas á acción titorial, parten da concepción de que todas as finalidades educativas que tradicionalmente foron adxudicándose á acción de titores e titoras deben ser incorporadas ao currículum ordinario e traballadas polo conxunto de profesionais que interveñen na acción docente.
Preténdese xustificar un proxecto de acción titorial que supere o actual divorcio existente entre a función instructiva, destinada ás materias, e a función formativa, destinada á acción titoria!.
Estes principios foron ampliamente formulados e divulgados dende o programa de Atención á Diversidade do ICE-UAB, institución á que pertence á autora deste artigo.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados