Rosa Fernández García, Blanca Laffon, Eduardo Pásaro, Juan Ramón Lamas González, Vanessa Valdiglesias, Joselyn Cortés Cortés, Natalia Fernández-Bertólez
Contextualización: A investigación pode considerarse unha valiosa ferramenta dentro da aula (Perrenoud, 2004) que permite xerar coñecementos e formar individuos reflexivos (Morán Oviedo, 2004), capaces non só de integrarse na sociedade, senón de transformar positivamente a contorna (Fernández Pérez, 1995; Margalef García, 2005).
Este proxecto intentou favorecer a cultura científica, motivar ao discente a observar, formular preguntas, discutir, razoar, demostrar e analizar os resultados obtidos e, ao mesmo tempo descubrir a riqueza do traballo en colaboración, aprendendo a crear, e formar parte de verdadeiros equipos de investigación onde o individuo e a súa diversidade, sexan respectados.
Actividades: Estableceuse co grupo un diálogo previo, aberto e flexible sobre os diferentes intereses do mesmo. Contemplouse a posibilidade de utilizar simultaneamente distintas técnicas de procura bibliográfica. Favoreceuse o traballo en grupo. Promoveuse a lectura e o uso de revistas e outro tipo de publicacións internacionais especializadas. Estimulouse a participación en foros e webs científicas internacionais sobre temas concretos de estudo.
Incentivouse o uso de bibliografía científica internacional de calidade.
Resultados: A incorporación do traballo de investigación na aula facilitou a comunicación entre os alumnos e cos alumnos, permitindo unha toma de contacto coa realidade do grupo.
Os discentes percibiron a investigación grupal como un proceso de profundización na realidade, mellorando de forma progresiva e continua a reflexión e a comunicación entre todo o equipo. Púidose constatar que o traballo de investigación en grupo resultou, en xeral, unha actividade positiva para os discentes, axudándolles a reflexionar sobre a realidade.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados