María José Domínguez Vázquez, María Caíña Hurtado
O principal obxectivo deste traballo é presentar unha das posibles aplicacións dos xeradores automáticos da lingua Xera e XeraWord: o seu emprego para a análise multicontrastiva. Estes prototipos plurilingües presentan a argumentación valencial de substantivos en español, francés e alemán —Xera— e en galego e portugués —XeraWord. Dado que son concibidos como novos recursos valenciais lexicográficos, cómpre realizarmos unha breve descrición da metodoloxía e da teoría na que se sustentan, así como unha incursión no emprego dos recursos valenciais. A presentación de XeraWord, o máis recente dos prototipos, conxuga tanto a aproximación no manexo do recurso como os diferentes niveis de análise sintáctico-semántica que o conforman, os cales beben do simulador Xera. Co fin de exemplificar a aplicación comparativa botando man dos datos dos simuladores centrámonos na expresión da dirección no substantivo fuxida e os seus equivalentes en alemán, español e portugués.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados