Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Parodia afropolítica, realismo grotesco e imaxi-Nación en Sua excelência de corpo presente, de Pepetela

    1. [1] Universidad de Extremadura

      Universidad de Extremadura

      Badajoz, España

  • Localización: Boletín galego de literatura, ISSN 0214-9117, Nº. 60, 2022
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Nun momento no que o continente africano parece iniciar un novo ciclo de adaptación das institucións do estado aos novos tempos, o escritor angolano Pepetela publica Sua excelência de corpo presente (2018), obra de ficción sobre as ambaxes do poder en África. Os estudos da “narrativa da violencia” (Tomás Cámara, 2017), no ámbito dos "African Dictator Novel" (Veit-Wild, 2006; Walonen, 2011) ou "Politique-Fiction" (Coussy, 2000) son o marco teórico que nos permite analizar esta novela, que representa nas letras africanas o xénero “novela de ditador” na súa manifestación arquetípica, revelándose ao mesmo tempo como unha obra sumamente orixinal. Trazos como a dimensión simbólico-mítica —coa elección dun tirano cadáver como protagonista—, a inexistencia de diálogo entre o discurso literario e outros discursos, o final metafórico e esperanzador da novela —estratexia burlesca que pecha a narración a modo de xustiza narrativa—, a estética satírica que domina a narrativa —combinando elementos paródicos con outros prototípicos das prácticas políticas africanas das ditaduras—, sitúan a novela na complexidade presente resultante da múltiple tipoloxía dos conflitos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno