Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


PreMedia2. Estudo etnográfco do sitio con arte rupestre do Penedo Gordo e deseño de ferramentas de avaliación interpretativa

    1. [1] Universidade de Vigo

      Universidade de Vigo

      Vigo, España

  • Localización: Proxectos INOU 2020: Investigación aplicada na provincia de Ourense, 2021, ISBN 9788481589160, págs. 35-55
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O proxecto «PreMedia. Interpretación patrimonial de sitios con pintura rupestre esquemática (PRE) da comarca de Monterrei (2018-2021)» comprende dous subproxectos: PreMedia1, que se circunscribe á creación dunha contorna visual para interpretar os sitios cos elementos patrimoniais analizados; e PreMedia2, que se ocupa do estudo etnográfco e da análise de satisfacción da difusión do primeiro. Este traballo céntrase en presentar as bases da pescuda arredor de/sobre o Penedo Gordo baseándose na primeira intervención arqueolóxica, e como esta pode ter relación ou incidencia no contexto social e cultural da comarca. As observacións realizadas durante este proxecto permitíronnos describir como as poboacións próximas ao Penedo Gordo integraron este xacemento na súa concepción territorial e patrimonial. Como punto de partida, defníronse obxectivos que permitisen complementar a intervención arqueolóxica desde a etnografía e a análise patrimonial crítica, coa intención de desenvolver un diálogo interdisciplinario efectivo e simbiótico. Co fin de coñecer cal é a percepción actual por parte da poboación do lugar, empregáronse dúas ferramentas metodolóxicas cualitativas: entrevistas a veciños e veciñas, e a observación de campo. Desde a perspectiva técnica, a de patrimonialización do penedo, artéllanse entre a recreación dunha tradición oral decaída (desde a perspectiva técnica) e as posibilidades de presentación do seu novo valor arqueolóxico que non aparece, a día de hoxe, como un elemento de identidade local.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno