Neste artigo describiremos as dez igrexas que conservan algún elemento románico do concello do Corgo (xa que unhas foron máis modificadas que outras nos seguintes séculos á súa construción). Farase agrupando as igrexas en tres conxuntos, próximos xeograficamente, co fin de seren percorridas en bicicleta, en coche ou a pé (neste caso en tres días distintos).
Pese a parecer un traballo moi técnico direi que está pensado para ser consumido por todos os públicos, grazas á abundancia de imaxes e a explicación inicial dos conceptos arquitectónicos básicos empregados ao longo do artigo. Por outra banda, os distintos comentarios intermedios (e a presenza dalgún mapa sinxelo) facilitarannos a mobilidade polo concello do Corgo aínda que non coñezamos moito a súa xeografía.
Finalmente a presenza de don Xaime Delgado Gómez no artigo está máis que xustificada por ser el unha das persoas que máis investigou o noso románico. Este traballo está baseado nunha serie de fichas que o crego me deu hai, polo menos, unha década e serve de homenaxe a un dos grandes defensores do patrimonio lucense.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados