Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias

Imagen de portada del libro Contacto de linguas, hibrididade, cambio

Información General

Reseñas

Resumen

  • A lingüística contemporánea con frecuencia partiu do presuposto de base de que a situación ideal das linguas é o monolingüismo, tanto no plano social coma no individual, presuposto ao que vai asociada a noción de que cada lingua constitúe un sistema pechado, autocontido e autosuficiente que evolúe segundo unha lóxica interna. Endebén, dun tempo a esta parte as situacións de contacto lingüístico e os fenómenos concomitantes están a ser abordados con outra mirada, como casos merecentes dun estudo específico.

    As anteriores consideracións son especialmente relevantes cando se pensa na historia e a situación lingüística actual de Galicia, un espazo sociocomunicativo no interior do cal o prolongado contacto entre o galego e o castelán é unha realidade imposible de ignorar, e con todo moitas veces marxinalizada ou non tida suficientemente en conta na investigación académica.

    Neste volume, o concepto de hibrididade é posto en discusión; debátese se resulta útil e apropiado no contexto galego, e se é capaz de arrequecer as controversias sobre as dinámicas culturais e lingüísticas en Galicia, así como sobre cuestións referentes á variación social, á norma e ao estandar, á identidade social, e ás actitudes lingüísticas. En definitiva, este volume pretende contribuír ao debate sobre os ineludibles resultados do contacto lingüístico no contexto e desde a perspectiva galega, asícomo a doutras situacións presentes no ámbito da lusofonía en que o debate é máis que actual e relevante.

Otros catálogos

  • Citas a capítulos: 33 Citas

Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno