Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Teorías e prácticas da tradución feminista e poscolonial no contexto galego: un percorrido pola ideoloxía

María Reimóndez Meilán

  • Esta tese fai un percorrido polo concepto da """"ideoloxía"""" tanto na filosofía como en particular nos estudos de tradución para tentar analizar os usos ou silencios que a rodean. A partir de aí utiliza o marco teórico dos feminismos e as teorías poscoloniais para analizar que intereses priman á hora de utilizar """"ideoloxía"""" como desviación dunha norma, como aspecto que a tradutora debe evitar e, unha vez debullado ese marco, pasa a un debate sobre dous estudos concretos. O primeiro ten que ver coa autopercepción que as tradutoras acaban desenvolvendo debido ao uso e difusión de conceptos patriarcais e imperialistas con respecto á tradución e á interpretación. O segundo analiza tres obras de autoras feministas e poscoloniais traducidas do inglés ao galego dende o punto de vista do tipo de intervencións ideolóxicas que fixeron as súas tradutoras.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus