Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A educación ambiental en Galicia: análise socio-biográfica da súa construción como campo

  • Autores: María Barba Núñez
  • Directores de la Tesis: Carmen Morán de Castro (codir. tes.), Pablo Ángel Meira Cartea (codir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Santiago de Compostela ( España ) en 2016
  • Idioma: español
  • Tribunal Calificador de la Tesis: José Antonio Caride Gómez (presid.), Lucía Iglesias da Cunha (secret.), Araceli Serantes-Pazos (voc.), María Clara Barroso Jerez (voc.), José María Corrales Vázquez (voc.)
  • Materias:
  • Enlaces
    • Tesis en acceso abierto en: MINERVA
  • Resumen
    • RESUMO A educación ambiental (EA) está a vivir un proceso sistemático de desmantelamento xustificado de modo recorrente nos determinantes e consecuencias da crise económica. Fronte a esta dubidosa argumentación, este traballo explora a xénese e traxectoria da EA en Galicia, co obxecto de desvelar as loitas de poder que condicionaron a súa evolución e determinan o estado actual. Empréganse as teorías sociolóxicas de Bourdieu como marco para realizar unha representación da súa traxectoria como campo social e simbólico estruturado, identificando os conflitos e enfrontamentos que o constituíron e o constitúen. Metodoloxicamente, a investigación responde a un enfoque sociobiográfico mixto, baseado nas traxectorias de vida de 9 educadoras/es ambientais, con posicións heteroxéneas na estrutura do campo (idade, xénero, formación e perfil profesional). Os relatos son apoiados cos datos cuantitativos recollidos a través dunha enquisa realizada a unha mostra de 114 educadoras/es ambientais de Galicia, na que se exploran as súas condicións sociolaborais, nunha comparativa entre 2007 e 2013. Emprégase a técnica de grupos de discusión para contrastar cos/as participantes as interpretacións iniciais do estudo. A investigación reflicte o proceso de profesionalización que experimentou o campo nas últimas décadas, favorecido pola implicación das/os seus integrantes e polo paulatino recoñecemento por parte das administracións públicas. Esta tendencia trúncase co inicio da crise financeira, levando a unha forte destrución de actividade e emprego no sector. Identifícanse tamén na relación coas administracións certas dinámicas daniñas que se traducen na reorientación das prácticas e discursos en función da dependencia económica, e no esvaecemento da súa dimensión militante. Esta situación vese favorecida pola posición marxinal da EA no espazo social (carácter contrahexemónico) e nos espazos académicos e profesionais nos que se inscribe; polas loitas internas de carácter corporativista; e pola escasa autonomía do campo que o fai en exceso permeable a aspiracións e lóxicas de funcionamento alleas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno