Esta investigación ten como obxectivo analizar a percepción dos docentes galegos especialistas en Educación Musical sobre os materiais didácticos musicais, incidindo no coñecemento, uso, valoración e formación na etapa de Educación Primaria. Para acadar este propósito optouse por un deseño metodolóxico mixto empregando como instrumentos de recollida de datos un cuestionario e unha entrevista, elaborados ad hoc. A mostra está conformada por douscentos docentes especialistas de Educación Musical, no caso do cuestionario, e por sete participantes nas entrevistas. Os resultados manifestan que nas clases de música os materiais preferidos e máis empregados son os instrumentos musicais, os obxectos dixitais e as partituras. Pola contra, o libro de texto de Educación Musical, tanto en formato impreso como dixital, está diminuíndo a súa presenza nos procesos de ensino-aprendizaxe. Os docentes recoñecen que a súa formación inicial sobre os materiais didácticos musicais é insuficiente e demandan un maior tratamento desta cuestión nos plans de estudo. Así mesmo, tamén consideran necesario unha mellora da formación continua co aumento da oferta de accións formativas prácticas e descentralizadas polo territorio galego.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados