Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A historia das ciencias no desenvolvemento de competencias científicas: unha perspectiva socioconstructivista e de xénero

  • Autores: José Francisco Serrallé Marzoa
  • Directores de la Tesis: Uxío Pérez Rodríguez (dir. tes.), María Mercedes Álvarez Lires (dir. tes.)
  • Lectura: En la Universidade de Vigo ( España ) en 2018
  • Idioma: gallego
  • Tribunal Calificador de la Tesis: Pedro Membiela Iglesia (presid.), Teresa Nuño Angós (secret.), María Rut Jiménez Liso (voc.)
  • Programa de doctorado: Programa de Doctorado en Equidad e Innovación en Educación por la Universidad de A Coruña; la Universidad de Cantabria; la Universidad de Oviedo; la Universidad de Santiago de Compostela y la Universidad de Vigo
  • Materias:
  • Enlaces
  • Dialnet Métricas: 1 Cita
  • Resumen
    • A formación universitaria das futuras persoas docentes, para todas as etapas educativas de infantil, de primaria e de secundaria, realízase sobre un alumnado que xa ten recibido unha cualificación científica na súa educación regrada na escola, no colexio e no instituto, no seu tránsito polas sucesivas etapas educativas de primaria e de secundaria.

      Numerosos traballos de investigación poñen de manifesto, con carácter xeral, que a ensinanza nas etapas de educación primaria e de secundaria realízase cunha perspectiva e cun tratamento moi formal, excesivamente declarativo dos contidos científicos, o que leva a presentar o coñecemento científico como sinónimo dunha verdade definitiva e inmutable, a xeito dun resultado pechado de sucesivos descubrimentos acumulativos e a modo de constante perfecionamento lineal de modelos e de teorías; chegando incluso a enunciar a existencia dun “método científico” (empírico-dedutivo) de facer ciencia.

      Cando as futuras persoas docentes, durante a súa formación universitaria, tanto no grao como no mestrado (postgrao), non logran elaborar e interiorizar o seu modelo docente propio, tenden a repetir a metodoloxía de ensinanza recibida como alumnas ou como alumnos na escola e no instituto; bloqueando así a investigación - acción cara a novos paradigmas didácticos, a innovación pedagóxica e incluso a necesaria autoformación docente no posterior exercicio profesional.

      Os aspectos anteditos teñen unha innegable repercusión directa na planificación axeitada da formación universitaria do profesorado; polo tanto, é totalmente necesario investigar os factores e as influencias que propician ou atrancan a adquisición de competencias científicas na ensinanza formal do profesorado de educación primaria e de educación secundaria; así como a súas influencias para poder mellorar a oferta formativa da universidade, no deseño dos currículos, das metodoloxías docentes e na selección e utilización dos recursos didácticos máis axeitados para propiciar o logro do máximo nivel de cualificación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno